miércoles, 10 de diciembre de 2008

"Nadal Misionera na Estrada"


Como vos dixen, esta semana comeza o meu "Nadal Misionero na Estrada" (N.M.A.) , que se inclue dentro da "carp@ctiva" que organiza "Coper@ctiva Cultural" e o "Concello de A Estrada".
Pretendo, con estas misións achegarme, na medida do posible, a todos os veciños da Estrada.
Concretamente achegareime a 11 das súas parroquias: Guimarei, Parada, Ribeira, Matalobos, Arca, Vinseiro, San Andrés de Vea, Barcala, Aguións, San Miguel de Castro e Souto de Vea. E nesta orde. Todas as citas serán ás 18hrs. nunha carpa que se instalará presumiblemente no campo da festa de cada parroquia.
Xunto a min e como complemento lúdico estarán xente como Pedro Brandariz, Roi Cagabolas e Peter Punk.

Comezaremos a andaina misionera concretamente xa esta fin de semana. O venres 12 estaremos en Guimarei e o sábado 13 en Parada. Alí vos esperamos.

Charlaremos un pouco sobre o Pecado e sobre todo ireivos demostrando por medio de xogos, maxia, música... (vou levar a guitarra eh!!), o verdadeiro camiño, a Luz... e alonxarvos así das tentacións.

Acudide as citas que poidades. Buscareivos entre os asistentes e pasarei lista. Vos veredes!!
Seguide atentos a este blog onde irei amosando fotos dos distintos encontros e dándovos conta das citas programadas cada semana.

Nada máis. O dito. O venres comeza o

"nadal misionero na estrada".

Un consello: apagade a luz das habitacións nas que non estedes!!

Padre Merino.